Bacotexo presenta el sou disco novo este 18 d’abril na Caridá

Nél disco presentan nove cancióis que, inda dentro del estilo del rock, móvense en rexistros que poden suar ben diferentes

Bacotexo, formación tapiega de rock en gallego-asturianu, vei presentar el sou disco novo este sábado, 18 d’abril, nel Auditorio das Quintas da Caridá ás 20:00 horas. Vei ser un concerto de presentación d’Hai úa lluz que sempre acaba salindo, nel que van participar tamén, además da propia banda, os artistas Sam Rodríguez y Ross Gala, como xa pasóu nel disco. El acto ten un precio de 3€ y de 10€ nel caso de querer mercar entrada y disco novo.

Nél disco presentan «nove cancióis que, inda dentro del estilo del rock, móvense en rexistros que poden suar ben diferentes: dende el rock clásico hasta el pop-funk, dende el grunge hasta as estructuras más complexas«, como esplica el baxista Ricardo Saavedra. Todo ello con un punto d’encontro: «todas as lletras xiran en torno a os cambeos vitales y fainlo con úa mezcra de señardá y de vitalismo«.

Saavedra prantía que sempre fain el disco que yes «pide el corpo y este CD nun é úa escepción». «Condo chegóu a pandemia, tábamos empezando a trabayar núa dirección ben distinta: un obra de tres temas llargos con estructuras embeleñadas y interrelacionadas. Condo todo pasóu y nos volvémos xuntar, despós de más de dous anos, queríamos miyor fer cancióis directas y senciyas, d’estilos diferentes y con muito cuidao das armonías vocales. Asina é como neste trabayo van nun camín distinto al d’anteriores entregas «conceptuales que partían d’un relato, nun caso, y d’un poema, nel outro, pra desarrollar as cancióis». «Neste caso quixemos optar por temas más directos que musicalmente poden ser ben estremaos y que nun guardan relación entre sí».

Mercar disco de Bacotexo

Llista d'espera Vamos informate cuando recibamos unidaes. Por favor déxanos embaxo una dirección válida de corréu electrónicu.