Hai tres semanas Porcía acoyía a 40 edición da súa Noite Celta, evento qu’enguano celebróuse en dúas xornadas protagonizadas pola música tradicional del país y os sois celtas del Arco Atlántico. Con máis de cuatro décadas ás costas, a Noite Celta de Porcía é a cita d’estas características máis veterana d’Asturias y a que máis anos lleva amañándose ininterrumpidamente. Tres d’ella ta el Asociación Cultural Alameda, colectivo del que Jose Pérez Vidal (El Franco, 1956), máis conocido como Pepe del Polo, é úa das caras máis visibles. Con él falamos pr’afondar na evolución d’este evento imprescindible prá música asturiana y na trayectoria del sou cabezaleiro.

Todo os que conocen a Noite Celta de Porcía conocen a Pepe del Polo, que con máis xente amaña a noite, pro cúntanos daqué da túa vida. Agora tas retirao, pro ¿con qué ganabas el pan?
Tuven vacas toda a vida porque me gustaba el tema del campo, gustábame vivir nel medio rural y foi al que me dediquéi. Aparte, xa era tradición na casa: meus padres, meus bólos… todos llabradores y con vacas. Condo aquello semábase trigo, patacas… Todo pral consumo da casa, además del gao. Nun é como agora, que ta cuase todo enfocao a llabrar fabas ou ás vacas. Antes era distinto.
Ás veces os horarios da Noite y das vacas eran malos de conciliar…
Cos horarios da noite, con nun ter un solo día de vacacióis nel ano, con ir a úa boda y ter qu’irte ás sete da tarde pra trabayar… Era todo así, sempre foi así. Acababa a noite y subir prá casa, ducharte y poñerte a trabayar. Nun parabas a durmir, nun merecía a pena.

Estudiache en Uviéu y allí conoces a xente…
Non, tuvera en Lugo fendo Inxenieiría Técnica Agrícola y despós tuvera trabayando en Uviéu nas oficinas d’Hunosa, oito ou nove meses. Despós houbo qu’ir al rollo militar ese y xa decidín quedarme na casa. Conocín á xente del folk despós, amañando a romeiría del día 8 de setembre –unde se fai a Noite Celta tamén, nel prao del Alameda–, úa romeiría mui grande. Úa semana antes había úa festa pequena que se chamaba Dominguín dos Romedios, qu’era con gaita solo. Pararan de fella xa había anos y decidimos recuperalla, pro en vez de fer el qu’era el Dominguín dos Romedios, decidimos fer el qu’hoi é a Noite Celta, porque consideramos qu’era música nosa, a música que temos que defender y apoyar pra que chegue a conta más xente miyor, pro nun tuvéramos contactos antes.
«Úa semana antes había úa festa pequena. Pararan de fella y decidimos recuperalla fendo el qu’hoi é a Noite Celta porque consideramos qu’era música nosa, a música que temos que defender y apoyar pra que chegue a conta más xente miyor»
Daquella tamén teis a conexión col asturianismo político y cultural…
Nun contactábamos con naide porque tampouco tías facilidades pra contactar. Nosoutros tábamos, como dice Alejandro de Queitano, na periferia. Condo aquello, había un teléfono fixo nel llugar, nun había más. Por conta túa vas buscando lliteratura en asturiano y na fala d’aquí, ves úa revista que ch’interesa sobre el tema, y a base d’eso vas tendo contacto col que se ta movendo todo. Pro hasta más tarde qu’empezas a conocer xente nun dices: ben, eu el que quero fer é algo qu’identifique a Asturias y qu’a xente d’aquí sepa que somos tan asturianos como os del centro ou como os de Cabrales.
«Condo empezábamos cua Noite Celta foi complicao porque nun encontrábamos grupos, nun tíamos contactos con naide»
¿Cóndo y por qué t’engancha a música tradicional y de reiz? ¿Cuál foi el primeiro disco de folk que sentiche?
Condo empezábamos cua Noite Celta foi complicao porque nun encontrábamos grupos, nun tíamos contactos tampouco con naide y… precisamente, el primeiro ano, despós de ver a Beleño, un grupo de Galicia y Manolo Quirós, foi condo xa empezas. Al outro ano xa teis más contactos, xa empezas a ter música dos grupos, vaya… Conoces grupos de Bretaña, d’un llao y d’outro, intentas ver se hai xeito de trellos… Naquellos principios colaborara tamén, el segundo ou terceiro ano, Lisardo Lombardía.
El primeiro disco qu’escuitéi de folk igual foi Beleño y, despós, Alan Stivell, Milladoiro… A partir d’aquello, úa chía d’ellos por todos llaos y, ás veces, copias que che pasaban de cassette.

¿Cómo s’entendéu daquella entre os vecíos a vosa iniciativa? ¿Entendía a xente eso d’amañar úa “verbena” con grupos folk?
Aquí al primeiro podía haber algo de xente que nun sabía de qué iba el tema, pro en xeneral nunca tuvemos problemas cua xente d’aquí. Inda más, a xente apoya y colabora condo che dan úa axuda económica, condo tas poñendo as pontes y che van axudar… En fin, a xente vai colaborando. Muitos iban más que nada por curiosidá, tendo en conta que nas primeiras noites había mui pouca xente. Xa había xente de fóra, pro si, habíala d’aquí tamén.
«En poucos anos houbo un boom de grupos de música folk brutal aquí en Asturias, pro empezaban un ano ou dous y desaparecían. Foron quedando formacióis veteranas»
¿Qué che parece que cambióu na escena musical d’aquellos tempos nos qu’arrancastes en comparanza con agora?
Aquí pasamos de que cuase nun había grupos, cuase nun había gaiteiros –porque nel ano 84 pra encontrar grupos de gaitas volvíaste tollo–, anque agora hai bandas de gaitas mui potentes: La Reina del Truébano, El Trasno, a de Tapia… En poucos anos houbo un boom de grupos de música folk brutal aquí en Asturias. ¿Qué problema tuveron? Empezaban un ano ou dous y desaparecían… Foron quedando formacióis veteranas. As escolas de música aquí nel Porto y en Tapia tein muitos alumnos que tocan este tipo d’instrumentos, pro falta dar el paso de qu’amañen dalgún grupín na zona.

¿Y cómo cres qué evolucionóu el público nestos anos?
El público cambióu muito. Antes vían hippies que taban aquí pol llugar pra riba y pra baxo, a xente flipaba con ellos… Agora cambióu, pinta que ta medio aburguesao parte del público, nun se cre. Hai muita xente que vén de fóra da zona esta, muita muita. Despós, hai un montón de xente que los conoces porque xa hai un montón d’anos que ven. Sempre hai público novo, de ventipico, trenta… É úa cosa que m’interesa fixarme porque se teis un público que xa lleva us anos vindo, outro que lleva cuase dende el primeiro ano y hai xente nova qu’empezóu, esto quer dicir qu’hai futuro. D’un xeito u d’outro, anque nun colaboren con nosoutros porque nun teñan aquí trabayando, quer dicir qu’a xente gústaye el tema este.
«Se teis un público que xa lleva us anos vindo, outro que lleva cuase dende el primeiro ano y hai xente nova qu’empezóu, esto que dicir qu’hai futuro. A xente gústaye el tema este»
A Noite é posible gracias al axuda de todas as vecías y vecíos y el trabayo del asociación El Alameda. ¿Cómo foi cambiando a colaboración da xente al llargo dos anos? ¿Cambióu muito el llugar? ¿Hai relevo de xente pra vivir na “periferia”?
A xente del llugar sempre axudóu dende el primeiro día, porque sabe el tema da Noite Celta y sabe el tema da romeiría dos Romedios. Por exemplo, condo íbamos a segar al prao, segábamos nosoutros; agora ségalo el Conceyo. Aquí baxaban os paisanos a axudar y despós foi implicándose cada vez más xente nel asociación pra ferye andar. Meyorar… Eu creo que nun ten nada que miyorar a colaboración del llugar. Agora saben de qué vai a Noite Celta, despós de corenta anos.
El llugar cambióu como cambía todo. Antes había en cada casa úas contas vacas. Creo qu’había tres casas que nun tían vacas; as demás, todas. Despós empeza que se Astilleros Gondán, que se Ence, que se tal… Esa xente foi deixando el qu’era el trabayo tradicional del llugar y cambióulo por todo eso, y outra xente marcha pra fóra. Precisamente, nel asociación hai dous qu’ún ta pra Zaragoza y outro pra Madrid. Agora quedan tres casas con vacas… Tamén había, a parte de gao, profesionales da pesca, sete ou oito familias.
«Algo de relevo hai. A nosoutros agora quédanos ir apartándonos, ir axudando y qu’ellos vayan controlando a situación»
Algo de relevo hai. Este ano empezóu úa chavala. É unde ta el tema; a nosoutros agora quédanos ir apartándonos, ir axudando y qu’ellos vayan controlando a situación.

¿Y cómo ves Asturias en comparanza con aquella del 84?
Cambióu muito todo. Aquí pasamos d’industrias por todos os llaos, contaminación…, a tar cuase sin industria, enfocándolo todo al turismo –que nun sei se vai ser úa opción, pro a min dáme que non porque el turismo dura el que dura–. El sector primario ta pol tarrén porque nun ten namás que trabas –eu seilo porque lo vivín–. Tamos vendendo que se IXP de Xata Asturiana, que se queixo de Cabrales, dos Beyos… y dentro de pouco nun vai haber lleite pra producillo. El sector pesqueiro véxolo tamén arruinao. Cada vez quedan menos profesionales, menos embarcacióis… Nada, creo qu’aquí ta enfocándose todo al turismo y nun lo vexo.
«Asturias cambióu muito. Pasamos d’industrias por todos os llaos a tar cuase sin industria, enfocándolo todo al turismo. El sector primario ta pol tarrén, el pesqueiro véxolo tamén arruinao… Ta enfocándose todo al turismo y nun lo vexo»
Despós, a proliferación de parques eólicos –que me poin enfermo–. Vas a cualquer llao y todo chen d’aeroxeneradores. Chegas á Serra de Carondio y ves un gran cartelón allí: «Paisaje protegido de Carondio y Valledor». Encontras douscentos chirimbolos d’esos dando voltas allí y dices tu: pro qué “paisaje protegido” nin qué merda… El patrimonio nun se defende: brañas espectaculares medio cayidas, hurros –que poden ter un interés importante– que naide mira por ellos, ta construíndose por todos os sitos sin qu’os Conceyos digan se encaxa col qu’hai… Nun sei, eu nun lo vexo ben esto, pro, al cabo, eu nun mando.

Al llargo d’estos 40 anos, ¿repercutíu a Noite Celta de Porcía en que se formaran grupos de folk nel Navia-Eo, como promotores?
Home, aquí houbo un grupo qu’era Cádava, qu’agora nun funciona, pro podía haber daquén que s’enganchara… Eu creo qu’a través das escolas de música sobre todo. Supoño que neso poderíamos axudar porque serían os primeiros que virían tocar. Eso é innegociable.
¿Cómo é eso de ser zona «fronteiriza»? Aparte, chama el atención que Porcía sempre puxa na programación polo asturiano y nun polo gallego… condo ta máis cerca y podería trer máis público d’alló…
Aquí houbo grupos gallegos: Luar na Lubre, Brétema, Xorima y dalgún más, pro nun é tan fácil. Nosoutros apostamos sempre primeiro por grupos asturianos. Despós, se nel presuposto encaxa trer dalgún grupo que nun seña asturiano, faise, pro el problema é qu’os grupos gallegos tein un caché… Teis que desistir porque é imposible.

A un tempo, sempre tuvestes un esmolemento especial por trer grupos d’outras nacióis del arco atlántico. ¿Por qué?
Se vén un grupo d’Irlanda, Escocia ou Bretaña paréceme qu’é interesante que se vexa qué se ta fendo fóra d’Asturias. Hai veces que vén dalgún grupo y sabes que vai ser parecido al que tán tocando por aquí y, así y todo, hai outros que parece que tán innovando algo y dices: a ver se ye val a daquén pra tirar por ese llao. Non por outro motivo.

A partir del 2008 el modelo de noite celta ou noite folk decái, desaparecen muitas que se fían por Asturias. ¿Por qué resistíu y resiste a Noite de Porcía?
Resistimos porque nun dependíamos de subvención, é el única esplicación qu’hai. Se hai subvención, ben; ¿que nun nos la dan?, nosotros vamos fella igual. Miyor ou pior, vamos sacala. Conocín muitas y a mayoría d’ellas solicitaban a subvención de turno, a Conseyeiría dábayes a subvención y pararon de dalla a partir del 2008. É el más fácil qu’hai, pro se teis que currar, vender camisetas, vender lloteiría, andar polas casas, un montón de fines de semana por ei… A xente eso nun lo quer. Os que tamos aquí trabayamos todos lo noso y todos, prácticamente, autónomos. Eu paréceme qu’eso foi el principal problema.
Agora que tán de moda en Asturias os festivales brutales, ¿por qué se fain? Porque cobras entrada y móntaslo pa sacar cuartos. Nosoutros nunca pretendemos sacar cuartos aquí. El único que queremos é que condo acaba teña todo pago y, se sobra daqué, queda pral ano que vén. Nosoutros nun ganamos un euro. Más ben gastamos. Se nun tamos mentalizaos de que temos que fer algo así, nel medio rural nun queda nada. Pasa con esto, cuas festas, cuas orquestúas que tán a competir a ver cuál ten el escenario más grande, non a ver cuál fai miyor música.
«Tamos mui agradecidos a os que son incondicionales porque vir un ano tres d’outro pra nosoutros é como que nos vein apoyar, non solo á música, apoyan un proyecto y á xente que lo fai»
¿A qué momento ye teis máis cariño d’estos 40 anos?
A min préstoume muito nel ano despós da pandemia, condo se volvéu fer, que taba el Alameda con muita xente, era úa noite espectacular y penséi: carayo, menos mal que volvémos fello. Prestóume porque daba a sensación de que xa nun volvía haber nada. Creo que foi nel 2022 y dices tu: menos mal que nun esqueicéu a xente a Noite Celta nin a música.
Témolo pasao muito ben. Aquí houbera un chigre na casa d’Alejandro y vera un grupo de Bretaña, Skolvan. Veran tres días antes dous del grupo. Esas noites aquí tuvéramos úa festa mui guapa, taba aquí medio llugar beilando.

¿Cómo che gustaría que fora a Noite Folk de Porcía dentro de 40 anos?
Con que sigan féndola xa é abondo, qu’é difícil. Eu creo qu’agora hai outra vez más festivales y noites celtas, aumentóu abondo el número de concertos.
Eu animaría á xente que nun conoce a Noite Celta a que la veñan a conocer. Y a os que son incondicionales, dámosyes as gracias: tamos mui agradecidos porque vir un ano tres d’outro pra nosoutros é como que nos vein apoyar, non solo á música, apoyan un proyecto y á xente que lo fai. A ver se os nenos que vein detrás se van enganchando.
Merca discos de música folk
-
ABÉU – USB K-MUDAR22,00€ -
NOSOTRESTRES – USB El son nos cantares de boda Vol. 115,00€ -
AIRES DEL PALO- CD Ya collacios & friends13,99€ -
RUBÉN BADA – CD Rubén Bada15,00€ -
TSACIANIEGAS – CD Pa bail.lare15,00€ -
DARBUKKA – CD Sete sones11,99€ -
NUBERU – CD El árbol de Navidá13,99€ -
FARDAXU – CD Celta Argentino15,00€ -
ORQUESTINA SON LES POLES – LP El Indiano20,00€ -
BRENGA ASTUR – CD Tornando al abellugu’l llar15,00€ -
AJO BAND – USB Puxa10,00€Valorado con 5.00 de 5 en base a 1 valoración de un cliente -
HÉCTOR BRAGA – CD Rabil15,00€ -
Entós – EP entós (Descarga dixital)5,00€ -
GUIELDU – CD Memories de Deva15,00€Valorado con 5.00 de 5 en base a 1 valoración de un cliente -
NURAMAY – CD Cantares de tierra y mar11,00€ -
BANGO – CD Soul Dream12,00€ -
UBIÑA – Vinilu Ubiña23,00€ -
PICARÓS – Son d’ermu9,99€ -
FERLA MEGÍA – CD Páxaros 0112,00€ -
HERBAMORA – CD 286 Llunes10,00€ -
BELEÑO – Vinilu Ofiusa + CD Daón40,00€ -
LA BEDUR – La Bedur15,00€ -
JORGE MÉNDEZ – Suite Mitolóxica Asturiana13,99€ -
GATOS DEL FORNU – Na Cai13,99€


